Páginas

sábado, 30 de abril de 2011

Xornadas Literarias en Neda


Como xa vos comentabamos con anterioridade, as Xornadas literarias de Neda este ano adicaronse ao gran escritor ruso Fiodor Dostoievski, e como desde o seu inicio o IES Fernando Esquío participou co traballo dun dos grupos do club de lectura "Pantasmas de Papel".
Loles e os seus lectores fixeron unha posta en escea dunha sesión do club para falar dunha das obras do autor "El jugador" ademais de facer unha liña do tempo e un power point sobre a tormentosa vida de Dostoievski.
As xornadas foron un gran éxito xa non só polos relatores e especialistas invitados por parte do concello de Neda, por Manuel Grueiro en concreto, e pola universidade da Coruña, senón pola visión fresca duns rapaces de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC, bos lectores e sobre todo entusiastas da lectura.

Norabóa polo traballo que estos días estará exposto na entrada do instituto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas