Páginas
▼
luns, 21 de novembro de 2011
Contra a violencia II: Propiedad privada
O Instituto asturiano da muller presentou este traballo didáctico para a prevención da violencia de género a partires da análise do curtametraxe de Ángeles Muñiz “Propiedad Privada”. Baixo o lema "construíndo contigo a igualdade" neste curto abórdase a violencia que poden sufrir as mulleres na súa vida cotiá, nas súas relacións afectivas e como a tolerancia da contorna non axuda a atopar unha saída.
A verdadeira situación que vive Marta, a protagonista, na intimidade do seu fogar, non se reflicte na posición social que ten nin na amabilidade de Carlos coa familia e as amizades da parella.
Marta vese encerrada nunha dinámica de sometemento, control e continuas agresións físicas e psicolóxicas por parte do seu compañeiro.
Unidade didáctica en PDF.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas