Páginas

venres, 4 de novembro de 2011

Día da ciencia en galego: Marie Curie e Maria Wonenburger



Este ano celébrase o Ano Internacional da Química e conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.
Así neste día homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.

Visita a nosa exposición no corredor do instituto e aprende sobre estas mulleres, a súa vida e moito máis. Aquí vos deixamos unha mostra en relación coas dúas homenaxeadas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas