Páginas

sábado, 5 de novembro de 2011

Historias de Oregón de Diego Ameixeiras

As veces os escritores atopan outros canais de publicación e no verán, a prensa vainos desgranando historias curiosas como fixeran outros fai moito tempo, Dickens, Twain...
Hoxe vos traemos a unha historia de Diego Ameixeiras publicada en La Voz de Galicia por entregas. Vos deixamos un extracto do primeiro capítulo e o link co resto de capítulos así como outras obras publicadas do mesmo xeito.

Capítulo I. Coitelos

Parécelle que hai algo balsámico neses programas de televisión. Algo que convida a deixar a mente en branco, a concentrarse na locuacidade duns tertulianos que semellan estar a piques de chegaren ás mans. Nin sequera sabe moi ben do que falan, pero os homes defenden as súas posturas cunha inusitada vehemencia, deixando caer alusións persoais mentres din querer verse as caras en futuros debates. Aurora P. G mira a pantalla e consegue baleirarse. Non se trata dunha sensación menos agradable que pechar os ollos ou tapar os oídos para transportarse a unha praia deserta, lonxe dese pequeno apartamento onde só pode imaxinar a liña do horizonte dende un balcón con vistas a un sucio patio de luces. Mentres os tertulianos berran con xestos desencaixados, exhibindo músculos, tatuaxes e diversas operacións plásticas, é como se por un momento conseguira instalarse nun estado hibernatorio, incrementado pola extensión do sofá e a calor abafante que se vai pegando ás paredes igual que unha lámina de plástico derretido... (seguir lendo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas