SketchTravel from Curio on Vimeo.
Detrás do desexo de obter fondos para a asociación benéfica Room to Read, diferentes ilustradores uníronse para realizar Sketchtravel, un libro de debuxo que pasa dun debuxante a outro como se fora un facho olímpico. O proceso durou catro anos e o libro visitou 12 países.En total son 71 os artistas que participaron no proxecto entre ilustradores, animadores e debuxantes de banda deseñada. Baixo a dirección de Dice Tsutsumi un grupo de artistas creou un vídeo que forma parte do Sketchtravel Project e representao completamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas