No día de San Valentín lembramos o amor no cine e propoñémosvos un concurso.
En parellas fixádevos nas imaxes do panel da entrada e atopade os títulos das películas. Tedes o boletín de participación na biblioteca ou ben o podedes descargar aquí.
O amor e o cine forman unha boa compaña mostrade que vos tamén facedes un bo equipo.
Participar sempre trae sorte!
(Grazas a Bea e o resto do equipo da biblioteca do IES Rio Cabe de Monforte que nos proporcionaron a idea)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas