Para traballar o día da muller traballadora cos pequenos propoñemos a presentación (Autora: Isabel Nieto Luelmo) do conto "O Príncipe Cinsento" de Babette Cole da editorial Destino e unha programación da actividade coa narración do conto en pdf.
A historia do Príncipe Cinsento que non
parecía un príncipe...
Todo o día pasáballo varrendo, fregando, ordenando o
pazo,
mentres os seus irmáns estaban todo o día de festa...
tampouco a fada era
como as demais fadas dos contos,
non sempre lle saían os feitizos como ela
desexaba.
En "O Príncipe Cinsento" existe unha
distorsión do tradicional conto de La Cenicienta:
aquí o príncipe asume actitudes que tradicionalmente eran asignadas ao mundo
feminino.
Outros materiais:
Coeducación do colexio San Walabonso en Niebla, Huelva
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas