Páginas

martes, 6 de marzo de 2012

Emilio Pascual no Fesquío



Todos os anos intentamos poñer en contacto aos membros do club de lectura con algún dos autores das obras que lemos durante o curso, ás veces non é posible porque non están dispoñibles (véase Poe ou Twain) pero outros anos temos a ledicia de compartir as nosas opinións coas do autor e deste xeito facer unha nova lectura. Una obra pode ter tantas versións como lectores, as obras medran, convértense en vida cando as lemos, e nos vivimos dúas, tres...,que digo, centos de vidas grazas ás lecturas.
Os membros do club lembran a visita de Rosa Aneiros, Teresa Moure, Carlos de Castro... e as Xornadas Literarias de Neda que aínda non poden traernos a Cervantes, Cortazar, Proust, Virginia Woolf, Faulkner,Pessoa,Dostoievski... escoitamos aos especialistas e estudiosos dos autores.
Hoxe tivemos a grata sorpresa de coñecer a Emilio Pascual, aínda que xa o coñecíamos grazas ás súas obras, a ledicia foi enorme pola súa capacidade comunicativa e a súa gran xenerosidad ao ensinarnos a cociña dos libros e falarnos da súa experiencia como creador e como lector. Moitas grazas por achegarnos a literatura universal desde a fiestra das súas obras. Por certo estamos a recibir "Apócrifos del libro" e "El número de la Bella" e si precisades ter contacto co autor ou queredes seguirlle a pista, colabora no blog da súa editorial Oportet: Entre miradas.

Grazas á editorial Anaya por ofertarnos esta visita e outras que virán...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas