A pertenza ao PLAMBE ten moitas vantaxes, unha delas é que as Bibliotecas Escolares de Galicia non traballamos illadas senón que compartimos inquedanzas, dúbidas e recursos. Grazas ao PLAMBE temos acceso ó traballo que están a facer distintos centros de toda a comunidade ao igual que compartimos nos as nosas actividades. E tal é o caso que vos traemos hoxe aquí: dende a biblioteca Calixtina do IES Pedras Rubias cheganos esta unidade didáctica sobre a educación documental dixital: a través dunha especie de "Caderno de bitácora" guiámonos para aprender a facer buscas na REde, distinguir páxinas fiables, etc. En definitiva, a tan nomeada e necesaria alfabetización dixital.
Moitas grazas ós responsables desta biblioteca e ao CFR de Vigo que coordinou o traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas