Páginas

mércores, 7 de novembro de 2012

Parabéns a Laura Gallego!



Unha das nosas escritoras de cabeceira Laura Gallego, acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012 pola súa obra "Donde los árboles cantan".
O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2011.
En declaracións á prensa, a autora afirmou que este "é un libro moi Laura Gallego, é unha historia moi tenra que reúne moitos elementos que a min me gustan e que son habituais nas miñas obras: época medieval, natureza, fantasía, amor e un xograr, que tamén é moi meu, porque me gusta que nas miñas historias teñan personaxes que conten outras historias".
Se queredes podedes darlle a norabóa na súa páxina web.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas