Por fin outra muller na RAG, pero ademais Fina Casalderrey non é unha escritora calquera, as súas obras céntranse na
Literatura Infantil e Xuvenil, un público non exento de dificultade.
Ante o seu nomeamento como numeraria da institución da lingua, a autora pontevedresa espera que axude a borrar as etiquetas de prexuízo" cara a este xénero e poténcieo, tanto na educación coma na cultura".
Pasarán como mínimo catro meses ata que Fina Casalderrey tome posesión do novo cargo e, aínda que ata entón queda moito que repousar e reflexionar", xa aventura que o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega "a narices terá que versar sobre a literatura infantil e xuvenil, cun aceno aos profesionais do ensino aos que tanto lles debe este xénero, e á relación cos lectores,".
Fina Casalderrey será a quinta muller que ocupe un cargo na Real Academia Galega. Satisfeita por unha decisión que non esperaba" por parte da Real Academia Galega, a escritora recoñece que este posto lle supón "moita responsabilidade", polo que se vaia esperar dela, en diante. Nese sentido confía en "aprender e achegar" co seu traballo e a súa experiencia no momento actual, dominado por "a crise e a incerteza".
Así, recordou a figura de Dita Kraus, novelada polo escritor Antonio G. Iturbe na obra "A bibliotecaria de Auschwitz": unha muller xudía que, "cando tiña 13 anos", explica Fina Casalderrey, "creou unha biblioteca con libros vellos aos que lles faltaban anacos, para dar esperanza nenos que pensaban que ían camiño da morte". Así espera que sexa o papel da lectura nestes tempos.

Norabóa
Secretaría de IgualdadeEditores Galegos
RAG
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas