Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote.
A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.
A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.
A película ofrece a posibilidade de desenvolver actividades interdisciplinarias arredor da trama central, que pivota arredor dun accidente de tráfico e as súas consecuencias.
Esta unidade está dirixida á explotación didáctica deste recurso audiovisual e organízase en 5 módulos:
- Previsionado. Presentamos a película
- Previmos os accidentes de tráfico
- Xestionamos as nosas emocións
- Miramos pola nosa saúde
- Coñecemos o cine
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas