Páginas

luns, 2 de xuño de 2014

E finalmente veu a vernos Xosé Tomás


Aproveitando unha das sesións do curso sobre LIJ organizado polo CFR de Ferrol  puidemos achegarnos a este xenial ilustrador e contador gráfico. Dicimos contador porque mediante as súas imaxes crea personaxes e historias para pensar, non é un ilustrador ao uso.
Na sesión cos rapaces e adultos mostrounos un anaco de historia da banda deseñada, o porque do seu nome e como se chama noutros paises,  fíxonos valorar como o trazo, o cadro onde se inserían os personaxes, o globo, o delta poden ser elementos que contan e participan nas sensacións que provocan os seus debuxos.
Ademais fíxonos reflexionar sobre o valor da banda deseñada: un autor de cine, de novela, de música... son contadores de historias que poden servir para evadirnos pero tamén para pensar. Xosé Tomás é un deses creadores que quere facernos reflexionar e por iso contounos que cada traballo lle leva máis dun ano: escolle un tema, documéntase e ás veces fai entrevistas incribles como lle pasou con Nómades, obra na que chegou a falar con rapaces que viñeran ao noso pais nunha patera.
Con gran xenerosidade Xosé Tomás regalounos exemplares dunha desas historias con fondo Tolos, deixounos unha ducia das planchas orixinais desta obra para acompañar á exposición sobre o cómic que tiñamos neste mes, e tamén suxeriunos que para a súa sesión cos rapaces, en lugar dunha pizarra e uns rotuladores, tivéramos un supercaderno con follas de papel para quedarnos cos seus debuxos....

QUE MÁIS PODERÍAMOS PEDIR!!!!

Tan só que veña máis veces e que siga facendo obras tan cheas de sentimento. Moitas grazas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas