Páginas

domingo, 28 de setembro de 2014

Programa de Educación Financieira



Por terceiro curso consecutivo a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España ofertan aos centros de secundaria este programa educativo para potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que permitan ao alumnado comprender os conceptos clave como o aforro, os ingresos, o presuposto persoal, o custo das cousas, a calidade de vida e o consumo responsable.
Esta iniciativa está enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira polo que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e a Secretaría Xeral do Tesouro.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte avala esta iniciativa elaborando parte dos contidos e recursos didácticos e presta asesoramento continuo en todos os aspectos relacionados co Programa.
Para o desenvolvemento deste programa os docentes contarán cunha serie de recursos formativos que lles axudarán e capacitarán para impartir os contidos:
  • Portal www.gepeese.es: aberto para todo o público, é un repositorio de recursos didácticos, utilidades, ferramentas multimedia, xogos e obradoiros de actividades. Serve de apoio complementaria ás guías didácticas.
  • Zona reservada para o profesorado no Programa no portal www.gepeese.es: este espazo está especialmente habilitado e deseñado para o profesorado dos centros participantes no Programa. Atópase o titorial online, todos os recursos formativos para os docentes así como as noticias e comunicados sobre o Programa e sobre a educación financeira. Para acceder, é necesario que o centro esté inscrito no Programa.
  • Guías didácticas de contidos de nivel I (9 temas) e II (3 temas) de profesorado e alumnado.
  • Fichas didácticas de profesorado e alumnado: son complementarias ás guías de contidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas