Neste mes adicado ás bibliotecas escolares queremos lembrar a figura de Emilio Salgari,
prolífico autor de famosos libros de aventuras de gran éxito polo dinamismo e
polos seus suxerintes ambientes.
O 21 de agosto de 1862 naceu Emilio Salgari en Verona, na cidade
de Romeo e Xulieta, fillo dunha familia
de prósperos comerciantes, desde pequeno mantivo unha gran paixón pola
aventura, armando e desarmando coleccións de barcos de xoguete mentres pensaba
en viaxar por todo o mundo. Deste xeito ao terminar a escola ingresou no
Instituto Técnico Naval de Venecia para obter o título de capitán. Aínda que
non chegou a terminar os seus estudios sendo adolescente conseguiu traballo
como segundo de abordo nun barco que facía a ruta do Adriático. Neste barco
baixo a dirección dun capitán borrachiño e pendenciero, viviu as aventuras que
xa gozara na súa imaxinación.
Aínda que parece que non seguiu viaxando Salgari sempre asegurou
que todo o que escribiu foran vivencias propias. Nas súas memorias contou o
enfrontamento cun enorme quenlla quen ao embostar ao barco, subiu á cuberta e
xusto cando tiña a toda a tripulación aterrorizada e xusto cando ía a atacar ao
capitán, o propio Salgari con valentía conseguiu matar ao enorme escualo.
Tamén nas súas memorias conta como viaxou noutro veleiro ata a
India onde viviu as súas mellores aventuras fomentando a súa propia lenda.
Regresou a Italia por mor dunha febre tropical e adicouse a
escribir. Organizou unha biblioteca ambulante e empezou a súa labor como
periodista. Os seus primeiros escritos foron poemas, pequenos relatos e
memorias ata que tras un ano publicou a súa primeira novela “Os salvaxes de
Papúa”. Así comezaría a súa carreira como autor de máis de 130 relatos e 80
novelas de aventura que o converteron nun dos autores máis lidos de todos os
tempos chegando a ser nomeado có título de cabaleiro.
Unha das súas personaxes máis coñecidas é Sandokan, pirata protagonista da serie “Los piratas de Malasia” con títulos
como “Los dos tigres”, “Los tigres de Mompracem”, “El desquite de Sandokan”…
Outras obras importantes son “Los corsarios del Caribe”, “El corsario negro”,
“La perla roja”…
Non deixedes de buscalo na biblioteca,
gozade das súas obras
e participade no concurso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas