Páginas

luns, 8 de decembro de 2014

Biblioteca online de Ciencias da Unesco


O mesmo día que se celebraba o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento (o pasado 10 de novembro), lanzouse a Biblioteca online de Ciencias da UNESCO cuxo obxectivo é achegar aos mozos contidos educativos de carácter científico e facelos máis accesibles, así como espertar curiosidade e ansia por aprender.

O proxecto nace da colaboración entre a UNESCO e Macmillan Science and Education, coa participación dos laboratorios Roche eNature Education, e conta, ata a data, con máis de 300 artigos, fotografías, ilustracións e videos de calidade e de xeito gratuíto. Os seus próximos retos son incluír recursos sobre ciencias físicas así como a tradución de recursos a diferentes idiomas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas