Ao longo deste curso en sesións dunha hora na tarde dos martes imos ter unhas charlas cos alumnos organizadas pola Garda Civil e a Xunta de Galicia dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos parainformar sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros.
Entre estas actuacións podemos destacar:
- Acoso escolar
- Consumo e tráfico de estupefacientes
- Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
- Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía)
- Violencia de xénero
Esperamos que sexan do voso interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas