Páginas

venres, 10 de abril de 2015

A ciencia por pracer: Angel Carracedo

Angel Carracedo
Ontee estivo no instituto o profesor Ángel Carracedo e nos deu unha charla sobre o ADN e o seu traballo sobre esta molécula fascinante.
Ángel Carracedo é un científico extraordinario, cun currículo impresionante e unha persoa moi próxima e agradable capaz de explicar cousas moi complexas de xeito ameno e divertido pero sen perder rigor. Na charla que impartíu empezou a falar da orixe da vida na Terra e do "libro de instrucións" que ven no ADN. Nos explicou como obter ADN de fresas ou de chícharos e que o ADN de todos os seres humanos é moi parecido, pero que unha pequena porcentaxe é individual. Esa porcentaxe, aínda que é pequena, como o libro é moi grande, inclúe un gran número de "letras". O estudo do ADN, tanto do común, como do que é propio ten moitas utilidades. No grupo de investigación que dirixe o profesor Carracedo, formado por máis de cen persoas, traballan co ADN en tres liñas: forense, clínica e investigación. O ADN permite estudar enfermedades, buscar remedios mais axeitados para elas e identificar persoas.
Na súa amena charla, aparte de falar de aspectos do seu traballo, nos falou de persoas que coñece, persoas coas que traballou, xente que lle ensinou moito e consecuencias do seu traballo.
O noso alumnado estivo moi atento e a charla foi moi instructiva e motivadora. 
Gracias profesor e xa estamos desexando que volva a contarnos máis cousas desa molécula maravillosa, ou do que queira, que de seguro que será moi interesante.

Grazas a Rodrigo por facernos esta recensión tan acertada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas