Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.
Na XXXIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Héctor Cajaraville coa novela De remate, na VIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Andrea Maceiras con Europa Express e na XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil Érica Esmorís con Nena e o mar. No acto de entrega, conducido por Celia Torres, actuou como mantedor literario o escritor Miguel Vázquez Freire, ocupándose do apartado musical Cé orquestra pantasma.
Enlace coa gravación completa do acto.
Norabóa a todos pero en especial a Andrea Maceiras que estivo no noso centro en marzo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas