Con O frío azul Ramón Caride Ogando ideou hai tempo unha historia chea de feitizo e engado ao abeiro de espazos simbólicos como Oseira onde fixo converxer, con envexable ritmo, misterios, pescudas inquisitoriais e lendas de diverso carácter. Urco reedítaa oportunamente, engadindo algún material novo e converténdoa, ademais, na primeira novela en galego que incorpora o recurso tecnolóxico da “realidade aumentada” desde a súa cuberta, combinando así a visión da contorna física con elementos dixitais grazas a unha aplicación gratuíta disposta desde un dispositivo móbil. Un paso adiante, e pioneiro, no libro galego que se fai preciso saudar
Páginas
▼
venres, 30 de outubro de 2015
A nosa primeira novela de realidade aumentada: O frío azul de Caride Ogando
Con O frío azul Ramón Caride Ogando ideou hai tempo unha historia chea de feitizo e engado ao abeiro de espazos simbólicos como Oseira onde fixo converxer, con envexable ritmo, misterios, pescudas inquisitoriais e lendas de diverso carácter. Urco reedítaa oportunamente, engadindo algún material novo e converténdoa, ademais, na primeira novela en galego que incorpora o recurso tecnolóxico da “realidade aumentada” desde a súa cuberta, combinando así a visión da contorna física con elementos dixitais grazas a unha aplicación gratuíta disposta desde un dispositivo móbil. Un paso adiante, e pioneiro, no libro galego que se fai preciso saudar
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas