Páginas

domingo, 4 de outubro de 2015

No Ano Internacional da Luz disfrutemos da exposición: Un universo de luz


Ata o día 20 temos o pracer de disfrutar da exposición "Un universo de luz" realizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), no marco da celebración en 2015 do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías basadas na Luz, declarado así polas Nacións Unidas.

Esta exposición consta de 20 paneis onde se pode apreciar dende a primeira luz do cosmos ao apaixoante sistema visual humano, pasando por fenómenos como os espellismos, as auroras polares ou os arcoíris… 
‘Un universo de luz’ revela as propiedades da luz e describe as súas principais aplicacións, resaltando o papel que xogan no noso día a día. Ferramentas como os microscopios e telescopios, os novos dispositivos de iluminación, o láser ou a fibra óptica son as protagonistas desta exposición, na que tamén teñen cabida a evolución da luz na arte, o seu emprego na produción enerxética ou os usos en medicina para a diagnose e o tratamento de enfermidades.

Non deixedes de visitala!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas