Páginas

martes, 29 de decembro de 2015

Vicente Araguas e "Agora xa foi"



Onte luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa das Palmeiras de Neda, e o hoxe martes, día 29, tamén ás 20:00 horas pero na Galería Sargadelos de Ferrol, Vicente Araguas presenta a súa novela, "Agora xa foi" (Edicións Embora). Unha historia de amores contrariados, no contexto conflitivo do franquismo, con moito colorido racinguista. Pois non en balde o desenlace ten lugar no vello Inferniño, nun Racing-Betis de 1971, dirixido por Sánchez Arminio. Consecuentemente, Embora e o propio Vicente Araguas contarán como copresentadores con dous exxogadores do Racing. Arturo Otero, defensa central, e capitán nese partido, quen estará en Neda, e o mítico Marcelino Martínez Cao, que fará o propio en Ferrol. Os racinguistas, están todos convidados á presentación da primeira novela co Racing como protagonista.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas