Páginas
▼
luns, 28 de marzo de 2016
La puerta de los tres cerrojos.
Temos a impresión de que todo o que nos rodea funciona seguindo os principios da física clásica. Por outra banda, os nosos sentidos e a nosa intuición, a partir duns poucos datos e coa axuda da experiencia, nos permiten tomar decisións correctas a maior parte das veces. Pero en ocasións, a nosa intuición falla, a experiencia non nos serve de nada e a física clásica non é quen de dar coa resposta. Sonia Fernández-Vidal nos leva a un mundo onde a física cuántica explica o que ocorre e nos propón desafíos á intelixencia. Libro entretido que mestura fantasía e física cuántica e que nos achega á ciencia de xeito fácil e divertido. La puerta de los tres cerrojos é un libro diferente que nos fai pensar e nos amosa como serían as cousas se a nosa vida cotiá se rexise pola física cuántica e non pola clásica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas