Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
Páginas
▼
martes, 5 de abril de 2016
No mes dos libros, visita de autores I: Marcos Calveiro
Grazas a Isabel Armesto onte disfrutamos da compaña de Marcos Calveiro e da súa obra As palabras poden matar. Nestos tempos convulsos, de viaxes cara á ningures, de tanta xente fuxindo, a fala é a nosa vía de escape, e como dí Antonio García Teixeiro
"As palabras poden matar é unha novela valente. Pon o dedo na chaga nesa parte da sociedade na que morren moitas persoas cada ano vítimas da violencia. Homes, mulleres e nenos que semellan mudos, cegos, xordos, porque viven entre a miseria, o medo e baixo un estado de terror constante controlado por un cacique cruel e asasino que ten ao seu mando uns sicarios obedientes ata o límite.
Pero, tras a lectura desta historia, creo que é a colonia de Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, a verdadeira protagonista da novela. Seavia, dominada por Chibo e os seus sicarios, convértese nun espazo no que os seus habitantes forman parte dun todo que non ten fisuras. Cada un dos personaxes do barrio está atado a el e séntese mimetizado coa dura realidade sen marxe de manobra. Perderon hai tempo os soños de fuxir de alí e malviven aceptando a dura realidade.
Ao longo do relato aparecen algúns intentos de rebeldía maisfican sufocados polo medo e o terror que sofren. Todos son conscientes de formar partedun tecido case uniforme debido a ese control asasino que exercen sobre el."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas