O libro perigoso para as rapazas de Andrea Buchanan e Miriam Peskowitz é o libro que todas as nenas adoran (¡ e que, por suposto, non deixan ver os rapaces!)
Ten todo o que unha nena poida imaxinar: xogos, aventuras, divertimentos, secretos, ... Desde como prensar unha flor ata catro movementos básico de karate. Que non sabe como pasar unha longa e chuviosa tarde de inverno? Pois abra El libro perigoso para as rapazas... vexamos... que tal unha trepidante viaxe a África ou un repaso ás grandes raíña da Antigüidade?. E se facemos mazás de caramelo? En fin, o que queira, pero sempre pasando un anaco sensacional e aprendendo constantemente.
Todas as heroinas da historia, trucos secretos para sacar mellores notas, experimentos, pulseiras da amizade, nocións de chinés, a roda perfecta e ata a revelación do misterio máis grande do mundo: que pensan os rapaces?... Historias e habilidades útiles recollidas en máis de 200 páxinas ilustradas que farán que novos e non tan novos, pai e fillas, esquezan IPods e PlayStations para descubrir, ou recordar, o espírito da aventura de ser nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas