Así, Manuel Esteban (Vigo, 1971) alzouse co Premio Xerais de Novela con A ira dos mansos, “está escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, con moito sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e cunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo”. “É unha novela negra cunha trama trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto”.
Iria Misa (Gondomar, 1983) obtivo o VIII Premio Jules Verne coa obra Xa non estou aquí. As drogas, o pracer polo pracer, o amor e a familia forman parte da trama desta novela que se estrutura en dous tipos de narradores que se alternan por capítulos. “A narración comeza o día en que Ánxela desaparece e irá pouco a pouco confluíndo no tempo co relato máis demorado da protagonista da novela”.O Premio Merlín foi para a obra Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Ambientada no rural do s. XX é “unha novela realista, narrada en primeira persoa por unha moza preadolescente, aínda que na obra tamén existen outras voces de gran relevancia, tal é o caso da voz do avó Valente, un ancián pouco común cuxo nome anticipa o seu carácter”
Estamos dexesando telas na man!
Norabóa aos participantes e ós premiados!
Ler máis en Galiciaé
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas