Páginas

domingo, 20 de novembro de 2016

Día Universal da Infancia


Artigo 31
1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno ao descanso e o esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.
2. Os Estados Partes respectarán e promoverán o dereito do neno para participar plenamente na vida cultural e artística e propiciarán oportunidades apropiadas, en condicións de igualdade, de participar na vida cultural, artística, recreativa e de esparexemento.

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.
O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.
Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas