Páginas

luns, 21 de novembro de 2016

Estradas de plástico en Holanda

Unha vez máis, Holanda dá exemplo no coidado do medio ambiente. Prevé construír a finais de 2017 a primeira estrada fabricada a partir de plástico reciclado como alternativa máis sustentable ás tradicionais estradas de asfalto.
O proxecto PlasticRoad, da empresa VolkerWessels, dá unha nova vida aos residuos plásticos á vez que evita os millóns de toneladas de dióxido de carbono que se emiten coa fabricación e o tendido do asfalto.
Róterdan será a primeira cidade do mundo na que os coches deixarán de rodar só por asfalto. A cidade holandesa planea construír estradas cos residuos de plástico rescatados dos océanos. Serán bloques de polímeros, que lembran ás pezas de Lego coas que se xogaba de pequeno.
As estradas de plástico manteríanse mellor, aguantarían temperaturas extremas e instalaríanse nun menor tempo porque se fabricarían na empresa e na estrada só habería que encaixalas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas