Hoxe é o día de Santa Lucía, e como decía a miña avoa:
Día de Santa Lucía some a noite e medra o día.
O refrán parece falso xa que o día máis curto sería sobre o 21 de Decembro, pero como as tradicións de anos ten a súa veracidade o día 13 de decembro é o día no que antes se pon o Sol. Dito de outra forma é cando se produce antes o ocaso. Se queremos saber cando é o nacemento do Sol ( orto ) e a posta ( ocaso ) podemos consultar na páxiga de meteogalicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas