Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, pero ao
pouco tempo a familia estableceuse en Xinzo de Limia, onde seu pai tomara praza
de mestre. Tanto Ourense como Xinzo deixarían unha fonda pegada na súa obra.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, publicando en 1965 os seus primeiros relatos na revista Grial, da editorial Galaxia.
Casares foi colaborador habitual na prensa galega, e a súa traxectoria foi adornada con diversos premios que recoñeceron a importancia da súa obra e a súa influencia na literatura galega.

Nos
distintos contos que forman Vento Ferido móstranse diferentes temáticas: a
infancia perdida, o desamor, a soidade da vellez, a crueldade dos nenos, a
violencia, a monotonía ou a fatalidade do destino.
"Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar á súa vila natal anos despois de escapar dela. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, convertirase nun día que xamais esquecerá, no que as fantasmas do pasado non pasarán desapercibidas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas