Dez rapaces de 1º e 3º da ESO e unha lectora do club de lectura de adultos acompañáronnos a esta festa da lectura na X Xornada dos Clubs de Lectura. Como dicíamos no post anterior disfrutamos de encontros con autores, con outros clubs de rapaces, asistimos a obradoiros de booktubers, de programa de TV con Óscar López de Página Dos, de manga, deseño grafico, graffiti, rap, regueifas, de literatura de medo, de viaxes.... da entrega do III Premio dos Clubs de Lectura a Miguelanxo Prado, unha xornada de calor asfixiante e frescor coa temática de Somérxete!!!.
Non deixaremos de agradecer á Asesoría de Bibliotecas, o CAFI e Consellería de Educación tan boa organización e tanto que ver e apreciar.
Moitas grazas
Velaquí algúns exemplos da difusión que tivo esta xornada na prensa e nas redes sociais:
- Entradas en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Fotografías en Twitter co candelo #Xclubslecturagal
- Vídeos en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Emisións en directo en Twitter baixo o cancelo #Xclubslecturagal
- A xornada no Portal Educativo
- Un dos intres máis emotivos na sesión final con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Crónica de Ramón Nicolás en "Caderno da crítica"
- Recensión da xornada na TVG -- La Voz de Galicia -- #bibliosabon
Escolla de enlaces facilitados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas