Páginas

sábado, 3 de xuño de 2017

Visita á Semana do Libro en Santiago



O pasado luns invitáronnos á Feira do Libro en Santiago de Compostela, a razón foi o 25º aniversario da publicación de O enigma de Embívicus de José Antonio Perozo. Onte venres xuntámonos algúns dos membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO cos lectores na época da súa saída ao mundo da literatura xuvenil e o mesmo autor.
Unha experiencia apaixoante porque tres dos nosos alumnos puideron participar como portavoces do grupo na rolda de conversa co autor e o editor Francisco Castro, director da editorial Galaxia á que temos que agradecer a experiencia e o convite.
Tamén tivemos o pracer de falar con David Cortizo da editorial Urco que nos explicou o nacemento da editorial os fondos que foron publicando e mesmo nos fixo unhas recomendacións que xa lle encargamos coa promesa de que nos ía traer algún autor para o curso que ven.
Logo de dar un paseo polo salón, mercar algún libro, non podía ser doutro xeito, fixemos unha escapada polo casco vello da cidade para visitar a biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, unha delicia aínda que como había moita xente estudando non puidemos revolver moito.
Esperamos que o pasaran ben e disfrutaran da experiencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas