O Día Mundial da Loita contra a SIDA conmemórase
anualmente o 1 de decembro e dedícase a dar a coñecer os avances contra a
pandemia do Virus da Inmunodeficiencia Humana ( VIH) causada pola extensión da
infección do virus, así como revelar os avances médicos relacionados coa cura
desta enfermidade e concienciar das formas de prevención.
Este día foi
escollido no Cume Mundial de Ministros de Saúde de 1988, dentro dos programas
para a prevención da SIDA, e ademais ese ano declarouse
como o 'Ano da Comunicación e Cooperación sobre a Sida'.
O
VIH ou Virus da Inmunodeficiencia Humana é un retrovirus que ataca ao sistema
inmunitario da persoa infectada. O sistema inmunitario é a defensa natural do
noso corpo fronte aos microorganismos infecciosos, como as bacterias, virus e
fungos capaces de invadir o noso organismo. En concreto, o VIH ataca e destrúe
os linfocitos CD4, que son un tipo de células que forman parte do sistema
inmune e que se encargan da fabricación de anticorpos para combater as
infeccións causadas por estes axentes externos.
Para saber máis Infosida.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas