Foi no transcurso dos plenos que ao longo da mañá de hoxe deron absoluto protagonismo ás alumnas dos tres centros educativos. As sesións plenarias, nas que as alcaldesas Eimi Vilasuso, Paz Llago e Karla Romira estiveron asesoradas polo secretario do Concello, serviron para poñer encima da mesa a brecha salarial, o teito de cristal e a desigualdade en base aos datos que falan de que as mulleres cobran un 25% menos que os homes, que o 94% das excedencias laborais son femininas e que o 30% das nenas do mundo están sen escolarizar.
Todas as propostas e reclamacións resultaron aprobadas por unanimidade, sendo aplaudidas todas as intervencións, así como algunhas das preguntas feitas polos seu propios compañeiros, que non dudaron en sumarse ás reclamacións plantexadas por elas.
Norabóa polas iniciativas das que algún partido político debería tomar nota!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas