Como contribución
ao recoñecemento da figura
de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das
Letras Galegas 2018, desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ponse a
disposición do profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de
bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora.
Trátase dunha
selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación
literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil
galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros).
Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo
baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.
Este cartel, que
se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3, chegará en formato
impreso a todos os centros de Galicia en breves datas.
Agardamos que
sexa un material útil e que poida axudar no labor do profesorado e das
bibliotecas escolares por conseguir vincular ao alumnado á lectura en galego, a
través de textos dos nosos autores e das nosas autoras e, moi
especialmente neste ano, a través dos libros de María Victoria Moreno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas