Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
Páginas
▼
venres, 21 de setembro de 2018
A revista cántabra Peonza gaña o Premio Nacional ao Fomento de la Lectura 2018
O equipo da revista Peonza está formado por un grupo de nove mestres e profesores que editan desde hai 30 anos unha revista sobre literatura infantil e levan o seu traballo aos centros educativos de Cantabria. Por iso, por «o esforzo desinteresado dun grupo de profesionais do ensino que axuda a que docentes e bibliotecarios de España conten con instrumentos adecuados para o fomento da lectura», o Ministerio de Cultura e deportes concedeulles hoxe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura correspondente ao ano 2018. Norabóa polo recoñecemento a tantos anos de bo facer en prol da LIX. Vía Diario El Montañés
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas