As gemínidas, probablemente a mellor choiva de meteoros do ano se non fose porque ten lugar en decembro e adoita verse embazada polo mal tempo, terá o seu máximo apoxeo esta semana, durante a madrugada do xoves ao venres. Con motivo diso, Google dedícalle un dos seus doodle. Esta clase de espectáculos, popularmente chamados 'choivas de estrelas', prodúcense cando a Terra cruza a órbita dun cometa, obxectos estelares que van deixando un ronsel de gas e po que ao entrar na atmosfera terrestre se desintegran e brillan. O caso das gemínidas é «moi especial» porque esta choiva de meteoros non procede dun cometa senón do asteroide Faetón (por Phaethón, fillo de Helios, o divos Sol), un cometa exhausto sen elementos volátiles que foi descuberto en 1983.
Faetón, que mide 5,10 quilómetros, achégase ao Sol cada 1,4 anos, pero é, ademais, o asteroide que máis se achega ao astro de todos os coñecidos, mesmo máis que o planeta Mercurio, unha aproximación que fai que algúns dos seus residuos de queimen formando a cola de grava que dá lugar á choiva de meteoros. As gemínidas, como as famosas Perseidas do verán, son un dos espectáculos «máis brillantes e regulares do ano e merece a pena tentar observalas», explica a Efe o astrónomo do Observatorio Astronómico Nacional ( OAN) Mario Tafalla.
Noticia no ABC
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas