Para saber máis preme na imaxe.
Páginas
▼
venres, 21 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
mércores, 19 de decembro de 2018
luns, 17 de decembro de 2018
Novedades: El caso cero
Me llamo Moon. Fletcher Moon. Soy detective.
En mi corta carrera (pero agitada, créame), he destapado redes de falsificación de exámenes, he bajado a los subsuelos en busca de misteriosos objetos robados y he descubierto secretos que le quitarían el hipo al mismísimo director del instituto.
He resuelto tantos casos que hasta hace poco creía que nada
podría volver a sorprenderme.
Me equivocaba.
Todo empezó a ir mal el día que rompí la regla NÚMERO
UNO de todo investigador privado.
venres, 14 de decembro de 2018
xoves, 13 de decembro de 2018
Doodle celebra a chegada das Gemínidas e o inverno
As gemínidas, probablemente a mellor choiva de meteoros do ano se non fose porque ten lugar en decembro e adoita verse embazada polo mal tempo, terá o seu máximo apoxeo esta semana, durante a madrugada do xoves ao venres. Con motivo diso, Google dedícalle un dos seus doodle. Esta clase de espectáculos, popularmente chamados 'choivas de estrelas', prodúcense cando a Terra cruza a órbita dun cometa, obxectos estelares que van deixando un ronsel de gas e po que ao entrar na atmosfera terrestre se desintegran e brillan. O caso das gemínidas é «moi especial» porque esta choiva de meteoros non procede dun cometa senón do asteroide Faetón (por Phaethón, fillo de Helios, o divos Sol), un cometa exhausto sen elementos volátiles que foi descuberto en 1983.
Faetón, que mide 5,10 quilómetros, achégase ao Sol cada 1,4 anos, pero é, ademais, o asteroide que máis se achega ao astro de todos os coñecidos, mesmo máis que o planeta Mercurio, unha aproximación que fai que algúns dos seus residuos de queimen formando a cola de grava que dá lugar á choiva de meteoros. As gemínidas, como as famosas Perseidas do verán, son un dos espectáculos «máis brillantes e regulares do ano e merece a pena tentar observalas», explica a Efe o astrónomo do Observatorio Astronómico Nacional ( OAN) Mario Tafalla.
Noticia no ABC
luns, 10 de decembro de 2018
xoves, 6 de decembro de 2018
40 anos da Constitución
No Canal de Historia podemos acceder aos vídeos da serie, á cronoloxía deste periodo e a un cuestionario para ver qué tipo de persoa és neste periodo.
Proba e coñece o que sucedeu.
mércores, 5 de decembro de 2018
40 da Constitución que trouxo a Democracia
1978 foi un ano que deixou pegada na Historia española. En xaneiro, publicábase no BOE o anteproxecto da Constitución, que posteriormente se votou o 31 de outubro no Congreso dos Deputados, ratificouse no referendo do 6 de decembro e publicouse no Boletín Oficial do Estado o 29 de decembro. A partir de entón, comezou a etapa constitucional máis longa da historia do noso país, que este ano cumpre, concretamente, 40 anos.
Repasemos este tempo:
Camiño constitucional
Repaso literario
40 anos de cine
40 anos de música
Web oficial desta conmemoración
venres, 30 de novembro de 2018
Novedades: Vivir bien la vida
Llega a España la
traducción del brillante y lúcido discurso que J.K. Rowling pronunció ante los
nuevos graduados de la Universidad de Harvard en el año 2008.
En él, la autora
de la aclamada saga de Harry Potter alaba las virtudes del fracaso y el papel
crucial de la imaginación, enraizando estos conceptos con momentos clave de su
vida.
El discurso
cuenta con ilustraciones originales de Joel Holland, adaptadas por Andrea
“drBestia” Cavallini para esta edición.
«No necesitamos magia para transformar nuestro mundo; ya tenemos en nuestro interior todo el poder que necesitamos: el poder de imaginar algo mejor.»
xoves, 29 de novembro de 2018
Novedad: No te calles
La fuerza de la
amistad, las consecuencias del odio y la importancia de dar voz a quienes no la
tienen son algunos de los temas que el lector podrá encontrar en No tecalles, una antología de relatos que reúne a escritores, poetas,
ilustradores y youtubers por una causa común: luchar contra el
odio.
Javier Ruescas (PLAY, Prohibido creer en historias de amor) y la booktuber Fa Orozco han sido los encargados de coordinar a un equipo galáctico que incluye a Chris Pueyo (El chico de las estrellas, Aquí dentro nunca llueve), Benito Taibo (Persona normal, Corazonadas), la ilustradora Sara Fratini y la youtuber Andrea Compton.
Javier Ruescas (PLAY, Prohibido creer en historias de amor) y la booktuber Fa Orozco han sido los encargados de coordinar a un equipo galáctico que incluye a Chris Pueyo (El chico de las estrellas, Aquí dentro nunca llueve), Benito Taibo (Persona normal, Corazonadas), la ilustradora Sara Fratini y la youtuber Andrea Compton.
Seguir leyendo en El Templo de las mil puertas
martes, 27 de novembro de 2018
Novidades: Street Poems
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da "street art".
Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía.
Os poemas de "Street Poems", volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.
domingo, 25 de novembro de 2018
mércores, 21 de novembro de 2018
Contando Ciencia... con Xurxo Mariño
E estivemos alí; 11 IES da comarca de Ferrolterra disfrutamos da "Música da mente" con Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, quen dividíu a charla en dúas partes: unha introducción sobre o sistema nervioso e o seu sentido evolutivo e en segundo lugar falounos da actividade eléctrica das neuronas e a conversión das descargas eléctricas en sons, co cal podemos escoitar o funcionamento do cerebro.
martes, 20 de novembro de 2018
No mes da ciencia e polo 25 de novembro lembramos ás mulleres que foron donas de sí
Preme na imaxe para velas
No mes da ciencia falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.
Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.
No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.
venres, 16 de novembro de 2018
luns, 12 de novembro de 2018
Desde NeptuNeda...con curiosidade
Os representantes estelares |
Mercurio (un pouco desubicado); IES Saturnino Montojo. Venus; IES Sofía Casanova. Terra; CEIP Recimil. Marte; CEIP Esteiro. Xúpiter; IES Canido. Saturno; IES Catabois. Urano; IES As Telleiras. Neptuno nos IES Fernando Esquío. Plutón rescatado; CEIP Couceiro Freijomil.
Así o noso
centro sería Neptuno polo que imos a
estudar este planeta e relacionalo co resto. Pero qué sabemos de Neptuno?
Neptuno é o oitavo planeta do Sistema Solar e o máis afastado
do Sol, que forma parte dos planetas exteriores ou xigantes gaseosos.
Foi ademais o primeiro en ser descuberto grazas a operacións matemáticas, a
partir do comportamento orbital de Urano, Saturno e Xúpiter.
O seu nome provén do Deus romano dos océanos, chamado polos
gregos Poseidón.
Xunto con Urano, catalogóuselles como os “xigantes xeados” do
Sistema Solar, dado que as súas órbitas distan demasiado do Sol para conservar
temperaturas sequera próximas aos 0 ° C. Con todo, Neptuno é lixeiramente máis
grande que Urano e bastante máis denso.
Neptuno foi considerado o planeta máis afastado do Sistema Solar ata o
descubrimento en 1930 de Plutón, ata que en 2006
recuperou o seu título, pois Plutón pasou a considerarse un planeta anano ou
planetoide.
Seguiremos comentando…
sábado, 10 de novembro de 2018
Homenaxe á primeira muller enxeñeira da historia: Elisa Leónida Zamfirescu
Seguir lendo en La Vanguardia
mércores, 7 de novembro de 2018
venres, 2 de novembro de 2018
mércores, 31 de outubro de 2018
Poesía de outono
Por se non vos destes conta, entramos no outono pero con espíritu poético.
Aquí tedes unha mostra das vosas creacións, moitas grazas!!
martes, 30 de outubro de 2018
Norabóa a Marcos Calveiro Premio San Clemente 2018
A última novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, que xa fora recoñecida co Premio de Novela Manuel García Barros no 2017, foi merecedora hoxe do Premio San Clemente na súa categoría en galego. Nesta XXIV edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foron tamén premiadas as novelas La uruguaya de Pedro Mairal, na categoría en español, e A vexetariana de Han Kang, entre as candidatas en lingua estranxeira.
O premio San Clemente busca converter o alumnado de bacharelato en protagonista á hora de conceder un galardón literario, polo que o seu xurado está composto por estudantes. Nesta XXIII edición, ademais do estudantado do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), participou no xurado o do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Agra do Orzán (A Coruña), IES Valle-Inclán (Pontevedra), IES San Mamede (Maceda) e IES Xelmírez I (Santiago de Compostela).
En Vilagarcía, a principios do século XX, o destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca da liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia. Un relato que hoxe foi premiado pola súa valentía unha vez máis, que non deixa de sumar lectores dende a súa publicación hai un ano, e que vai camiño de converterse nunha das novelas mellores valoradas por crítica e lectores dos últimos tempos.
luns, 29 de outubro de 2018
Concurso terrorífico
Atréveste a adiviñar os nomes destas películas?
E si ademais disfrutas pasando medo non esquezas fixarte na selección de
novela de misterio e terror que tes na galería do instituto... son arrepiantes!!!
Participade no concurso co boletín de terror
Sempre hai premio!!
Participade no concurso co boletín de terror
Sempre hai premio!!
venres, 26 de outubro de 2018
Arquitectura mágica y ciudades verdes
Si pudieses modificar el entorno en el que vives ¿qué ciudad
diseñarías?¿con qué formas, colores y materiales construirías tu casa?¿qué
cambiarías en tu barrio y en tu pueblo?
¿Lo integrarías más en la naturaleza que lo rodea o
buscarías construir con formas geométricas rompedoras y muy
llamativas?¿Crearías más espacios comunes dónde poder relacionarte con tus
amigos o dónde poder conocer a otras personas a través de actividades de
interés común?
Los arquitectos muchas veces diseñan y construyen espacios
que nos impactan por su estética, pero que, además pueden ser más “humanos”.
¿Qué ves desde tu ventana?¿Tu barrio es un entorno amigable?¿o es más bien gris
y frío?¿Apetece pasear por tu ciudad?
Piensa en los cambios que harías si tuvieses una varita
“mágica” para transformar los edificios, las calles y todos los espacios de tu
ciudad. ¿Crees que transformar tu entorno podría hacer que sus habitantes
fuesen más felices? Si fuese así merecería la pena hacerlo, ¿verdad?
Muchos arquitectos y urbanistas están preocupados por
construir viviendas, espacios y ciudades que mejoran la calidad de vida de la
gente. Están de moda términos como “ciudades amigables”, desarrollo urbanosostenible, “ciudades verdes”…
Fíjate bien en tu pueblo, piensa en lo que te gusta, para
potenciarlo, y en lo que cambiarías. Háblalo con tus amigos. Proponed esos
cambios a quienes pueden llevarlos a cabo.
Quizás así, tú puedas contribuir a
crear otra realidad…
xoves, 25 de outubro de 2018
Antía Cal y María Xosé Queizán, Premio Otero Pedrayo
O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a favor da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. O galardón, creado en 1977 promóveno a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais cos obxectivos de perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución á cultura e aos valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
Antía Cal pedagoga, fundou en 1961, xunto ao seu marido, o oftalmólogo galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro de Vigo, e marcou todo un fito no movemento de renovación pedagóxica de Galicia, xa que este centro converteuse inmediatamente nun foco de irradiación progresista de novas tendencias pedagóxicas e sensibilización galeguista, desde o seu compromiso firme coa formación de xeracións de galegos e galegas. María Xosé Queizán escritora, profesora e activista, iniciou nos anos 50 a ampla traxectoria vital e profesional de compromiso coa lingua e cultura propias que desenvolve ata hoxe nas múltiples vertentes da súa vida e obra: ensino, narrativa, ensaio, poesía, tradución, teatro... que fan dela unha polígrafa da cultura galega. Defensora incansable do papel social da muller e iniciadora do movemento feminista galego, reivindica un feminismo único, racionalista e defensor dos valores de liberdade e igualdade.
Ler a nova en O faro de Vigo
Norabóa a Almudena Grandes Premio Nacional de Narrativa con Os pacientes do doutor García
Almudena Grandes gana o Premio Nacional de Narrativa grazas á cuarta novela do seu ciclo sobre a Guerra Civil e o Franquismo.
A autora comenta de 'Os pacientes do doutor García', a súa cuarta novela sobre a Guerra Civil:
"Cando recibín a noticia do premio pensei nos españois e españolas que se achegaron a min durante este tempo para contarme que a súa avoa pasoulle o mesmo que conto nestas novelas, que o seu avó estivo non se onde... Cheguei a sentir que este é un premio colectivo que comparto con toda a xente que se recoñeceu nos pacientes do Doutor García e iso fai máis emocionante o premio. Son eu a que teño que dar as grazas aos lectores"A serie á que pertence "Os pacientes do doutor García" é o ciclo de seis novelas sobre a Guerra civil e a ditadura que iniciou en 2010 con Inés e a alegría. Neste caso a entrega que retrata os anos 40, segue a unha parella de mozos educados de Madrid, máis ou menos burgueses e combatentes da República no asedio á capital, que sobreviven na España do primeiro franquismo co propósito de enhebrar a súa causa, derrotada pero non extinguida, coa II Guerra Mundial e a loita contra o fascismo en en Europa. A súa pelexa, coas páxinas, devén nunha trama de espías na que as redes de escape dos nazis cara a América Latina ten un papel destacado
Seguir lendo nas noticias e en El Mundo
mércores, 24 de outubro de 2018
No día das Bibliotecas Escolares falamos de... Agatha Christie
Nestes últimos anos polo día das Bibliotecas Escolares vos achegamos un autor de reconocido prestixio para descubrirllo aos novos e para reler entre os bos lectores. Se queredes ver a listaxe dos anos anteriores podedes visitar o noso googlesite No día das BEs falamos de...
Normalmente a escolla se facía por algunha conmemoración e neste caso non é así. Non hai efeméride sobre Agatha Christie pero a súa figura e as súas obras son tan importantes que non imos esperar a ningunha data.
Vos propoñemos que disfrutedes cos seus misterios estedes ou non no club de lectura, sempre é un bo momento e para premiar o voso interese vos lanzamos unha proba para que busquedes información sobre ela.
No corredor tedes os boletíns, marcapáxinas, cartaz e algúns dos elementos presentes na súa obra.
Atréveste?
venres, 19 de outubro de 2018
Novedad: Biografía de un cuerpo
Las piernas recorridas por hilos de cobre. El pie extendido, el muslo flexionado. La música cambia. Soy yo el que está ahora en el escenario haciendo cabriolas y de nuevo Álex llega, lo ocupa todo, baila. Los aplausos como el fragor del agua. El público arrebatado. La danza sucediéndose en esta caída de agua. Todo sucediéndose… Pero, ¿y si no quiero que suceda? ¿Y si no quiero seguir bailando?
Biografía de un cuerpo ya en la biblioteca
luns, 15 de outubro de 2018
III Día das escritoras
A Biblioteca
Nacional de España ( BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas,
Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e
Modernas ( CyM) organizan por terceiro ano consecutivo o Día das Escritoras,
que terá lugar o próximo 15 de outubro, esta vez co tema “Rebeldes e transgresoras”.
A iniciativa, que
naceu en 2016 con vocación de continuidade e celébrase o luns máis próximo á
festividade de Teresa de Jesús, proponse difundir o legado cultural das
escritoras do ámbito hispánico e
hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron
tanto o desenvolvemento da súa obra como
o xusto recoñecemento ao seu labor cultural. O acto consiste na lectura de
vinte e un breves fragmentos de textos escritos por autoras a cargo de
personalidades de recoñecido prestixio social e cultural e cunha especial
representación de creadoras en activo.
Nesta ocasión, o
fío condutor sobre o que viran os textos seleccionados é a rebelión das
mulleres. "A necesidade de rebelarse contra o sometemento intelectual e a
denuncia por ser e verse consideradas como cidadás de segunda cruza a obra de
moitas escritoras -poetas, novelistas, dramaturgas, ensaístas- fomentando unha
nova orde social máis xusto e equitativo" afirma a súa comisaria, a
xornalista e escritora Joana Bonet. “ Historiar a rebelión das mulleres,
render homenaxe ás súas protestas escritas é un modo de lembrar que a liberdade
actual é unha consecuencia de sucesivas rupturas. O feminismo, a liberdade
sexual e a defensa duns ideais humanistas, así como as contradicións entre o
ser e o parecer, que a miúdo as conducen a saltarse o guión, son cuestións que
estarán presentes nos textos
seleccionados na III edición”.
Para máis información visita a web da Biblioteca Nacional de España
luns, 8 de outubro de 2018
Novedad: Fulgor
Fulgor, otra de las obras de Manuel Loureiro que nos darán que pensar:
La vida de Casandra es casi perfecta hasta el día en que
sufre un extraño accidente de tráfico que la deja en coma. A las pocas semanas,
y tras una recuperación milagrosa, Casandra descubre que todo su mundo ha
cambiado por completo: alguien ha empezado a acechar su casa y a su familia y
además sufre una secuela inquietante que no puede controlar.
Atrapada en una espiral de violencia y asesinatos a su pesar, perseguida por las autoridades y por algo más que no es capaz de entender, Casandra inicia una huida desesperada que se puede cobrar un precio enorme: su cordura y su alma.
Atrapada en una espiral de violencia y asesinatos a su pesar, perseguida por las autoridades y por algo más que no es capaz de entender, Casandra inicia una huida desesperada que se puede cobrar un precio enorme: su cordura y su alma.
Leer el primer capítulo.
venres, 5 de outubro de 2018
Día Mundial dos Docentes
"La
educación no cambia el mundo, pero cambia a las personas que pueden cambiar el
mundo"
decía Freire. Gracias a l@s docentes que a diario trabajan
para
construir una realidad más justa y sostenible.
xoves, 4 de outubro de 2018
Día da Biblioteca 2018: “El día de la luz”
O próximo 24 de outubro celébrase en España, como cada ano, o Día da Biblioteca. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil que tivo a súa orixe no ano 1997. Desde entón, Amigos do Libro esforzouse en dar a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o labor dos bibliotecarios e as bibliotecarias. Este ano a celebración terá lugar na biblioteca “Ramón Pérez de Ayala” (Oviedo) e contará coa participación de bibliotecarios, escritores, ilustradores, narradores de historias, editores, profesores, membros da asociación, responsables políticos e entidades que fomentan o uso das bibliotecas.
O pregón deste ano, que reproducimos a continuación, é obra do escritor Gonzalo Moure (Premio Cervantes Mozo 2017), e o cartel foi realizado polo ilustrador Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic en 2012.
El día de la luzVengo del desierto del Sáhara, de inaugurar una biblioteca. Está en Dajla, el más alejado, el más olvidado de los cinco campamentos de refugiados saharauis. Es la cuarta biblioteca que construimos, y es preciosa. En el centro hemos plantado árboles, para que los niños y los jóvenes del Sáhara puedan experimentar el gozo de sentarse a su sombra a leer un libro. No queremos que esa biblioteca sea ningún “templo de silencio”, sino más bien un espacio para del sonido, para el ruido. Una biblioteca que ya es el lugar más hermoso del campamento. Un espacio para desear ir a buscar lectura, pero también amistad, sueños compartidos. Incluso amor. Un lugar en el que enamorarse mirando unos ojos por encima de un libro. Porque al fin y al cabo, la biblioteca es el lugar en el que se descubre al otro, de papel o de carne....