Páginas

martes, 30 de abril de 2019

Nº 69 de El Templo de las Mil Puertas


 Click en la imagen

Pasada la resaca por Sant Jordi y el Día del libro, cuyas celebraciones terminaban hace apenas unos días, te traemos un nuevo número de El Templo de las Mil Puertas. ¿Listo para saber de qué viene cargado?

¿Solo para adultos? Circe
¿Solo para niños? Vlad, el peor vampiro del mundo
Entrevista a... Nando López
#PostureoClásicos La inquilina de Wildfell Hall
Del papel a la pantalla Un pliegue en el tiempo
El reportero recomienda Corazón de fuego
Autores de ayer Robert Arthur
Libros olvidados Duke
Libros que no leerás en español The Exact Opposite of Okay

Visitounos Elvira Menéndez


Elvira Menéndez visitounos para conversar sobre a súa obra La máquina maravillosa, obra reeditada e de plena actualidade pola temática que trata tendo en conta na data na que se escribíu.
Os rapaces disfrutaron coa autora que lles contou a súa experiencia como actriz, guionista...en Barrio Sésamo, La bola de cristal..., e as súas inquedanzas e interese cando era nova.
Todo un pracer!
Grazas a Isabel Armesto da editorial Anaya-Xerais puidemos disfrutar da súa compaña.

xoves, 25 de abril de 2019

XVII Xornadas Literarias sobre Joseph Conrad


Parte do grupo do club de lectura de 3ºda ESO presentaron un relatorio sobre Joseph Conrad nas XVII Xornadas Literarias do Concello de Neda e a Universidade da Coruña.
As nosas alumnas Eimi, María, Paola e Elena analizaron a vida e circunstancias do autor que o levaron a escribir a súa obra. Os membros do club de adultos leron O corazón das tebras, O axente secreto e Na liña de sombra.

Recensión en La Voz de Galicia e en Ferrol 360º.
Anuncio na Facultade de Humanidades

martes, 23 de abril de 2019

El Quijote completo empapela una estación de Metro de Madrid con motivo del Día del Libro




Los andenes de Línea 3 de la estación de Metro de Plaza de España se han cubierto con el texto completo del Quijote
Se han empleado 189 planchas de vitrex -que cubren 378 metros cuadrados- y 2.200 millares de matrices
Se trata de una acción conjunta de Metro de Madrid y la Asociación de Editores de Madrid enmarcada, además, en el año del Centenario de suburbano madrileño 

Adjuntamos Timelapse del montaje


Vía El placer de la lectura para seguir leyendo

Día do libro: un libro o mellor agasallo

Galería
Non o deixes pasar, leva un libro non hai mellor agasallo

luns, 22 de abril de 2019

domingo, 21 de abril de 2019

mércores, 17 de abril de 2019

Cómo os videoxogos nos levarán de viaxe por Notre Dame...



 ...durante un tempo. Por desgracia non poderemos visitar a catedral de París mentras dure a restauración excepto se xogamos ó Assasin's Creed Unity. De feito a empresa francesa Ubisoft regalará ata o vindeiro 25 de abril o xogo en honor á catedral por mor ó incendio deste Día Internacional da Arte, vaia coincidencia.
Esta homenaxe débese a que se pode visitar por dentro e por fóra a catedral no videoxogo.

martes, 16 de abril de 2019

Tal día como hoxe... Charles Chaplin




'A vida saúdache cando fas felices aos outros', Charles Chaplin.
Un día como hoxe, hai 130 anos, nacía esta icona do cinema de todos os tempos.

luns, 15 de abril de 2019

Feliz Día da Arte



A Asociación Internacional das Artes Plásticas decidiu conmemorar o 15 de abril por ser a data na que naceu Leonardo Da Vinci, xenio universal e un dos artistas máis carismáticos coñecidos.

A Asociación Internacional de Artes Plásticas, coñecida polas súas siglas en español AIAP e en inglés International Association of Art, IAA, é unha organización non gobernamental (ONG) que traballa en colaboración oficial coa UNESCO, con carácter consultivo. Está composta por artistas plásticos pertencentes esencialmente aos campos da pintura, escultura, gravado e artistas que practican outras formas de traballo creativo nas artes visuais.



venres, 12 de abril de 2019

No mes de abril, lecturas mil e tamén visita ao Salón do Libro en Pontevedra



Nesta ocasión a visita do pasado mércores 10 ao Salón do Libro en Pontevedra tivo un carácter primordialmente ilustrativo, e con iso queremos dicir que as actividades se centraron na ilustración e o manga.
Tivemos a sorte de asistir á charla de Kiko da Silva, Víctor Rivas, Zaida Novoa e.... Anémona del río, sí a mesma! a primeira persoa que publicou un manga en galego!.
Antes da charla estivemos con Eva Mejuto, directora do Salón, quen nos fixo un oco na súa apretadísima axenda para poder falar de Memoria do Silencio, obra que os nosos alumnos de 3ºESO e 1ºBAC leran. Como sempre, moi xenerosa nos tempos, explicounos que dar a coñecer ás irmás Touza  despois de ter salvado a máis de 500 xudeus durante a II Guerra Mundial era imprescindible, é parte da nosa historia descoñecida e os rapaces deben saber dela.
Ademais do Salón e a súa mostra na que se incluía obras de Kiko da Silva e de Angel de la Calle, tamén visitamos o Museo Provincial de Pontevedra, a sede do edificio 6 onde está parte da exposición do Salón do Libro, a mostra da temática desta convocatoria, a Lusofonía con ilustradores portugueses e brasileiros. Tamén visitamos a mostra de Prehistoria e a de Castelao.

Unha visita moi proveitosa como podedes ver na seguinte presentación, se queredes descargar as fotos ou velas na súa totalidade as tedes no enlace de arriba.



Kiko da Silva nos falou da historia do manga, do Garaxe Hermético e vos deixamos un agasallo, unha lenda que nos contou sobre o comezo da ilustración manga:


martes, 9 de abril de 2019

Visita Neptuniana de Paulino Gasalla


Galería de imaxes

Parte da galería corresponde ao traballo dos alumnos de 1ºESO que quixeron recibir a Paulino Gasalla, exprofe no noso centro, fantástico divulgador e engaiolador de curiosos espaciais.

Moitas grazas por virnos a abrir unha pequena fiestra ao espazo!

venres, 5 de abril de 2019

Obradoiro do teatro con Rubén Ruibal


Rubén Ruibal estivo con nos neste mes tan literario e cheo de lecturas grazas ao programa de Encontros con autores 2018/19 do Ministerio de Educación 
Falounos da súa obra, da que nos deixou un par de obras de agasallo asinadas Limpeza de Sangue¿Onde andas, Karl? ou Highgate Cemetery Very Saddest Circus (Tristérrimo Circo do Cemiterio de Highgate)

O autor foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática no 2007 por Limpeza de Sangue, obra coa que conseguíu tamén o Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais no 2005.

Pero non só nos falou senón que nos fixo actuar, cos rapaces de 1º ESO estiveron enredados nun obradoiro teatral do que sacaron moi boas impresións ademáis de pasar un rato moi divertido. 
O podedes ver neste enlace.







xoves, 4 de abril de 2019

Noticias desde o espazo, como será o noso futuro?


Achado o cadáver dun planeta como a Terra. Unha estrela moribunda a 400 anos luz mostra como será o sistema solar cando o Sol apáguese:
"Sistema solar, dentro de 5.000 millóns de anos. O Sol morreu. Antes de agonizar, tragouse a Mercurio, Venus e a Terra. Marte é o último planeta rochoso que segue existindo. É un enigma se parte dos planetas arrasados sobreviviu e seguen orbitando o cadáver da súa estrela". Un equipo internacional de astrónomos atopou outra estrela que permite viaxar ao futuro do noso sistema solar e responder esa pregunta. Está a 400 anos luz e é unha anana branca, un astro parecido ao Sol que fai miles de millóns de anos esgotou o seu combustible de hidróxeno....

Seguir lendo en El País

martes, 2 de abril de 2019

El templo de las mil puertas recomenda....



No Día LIX por escelencia a nosa revista favorita nos fai recomendacións lectoras para este mes, gustaríache algunha para a nosa biblioteca?
Preme na imaxe e atopa as novidades que poderíamos ter.

luns, 1 de abril de 2019

Guía LIX da Biblioteca Nacional de España


A Literatura Infantil e Xuvenil ( LIJ) vive un gran momento. Os organismos oficiais han tomado conciencia da súa importancia na formación do lector infantil. Por outra banda, escritores, ilustradores e editores déronse conta do número potencial de lectores dentro deste segmento de poboación. Pero, tamén, do seu nivel de esixencia. Por iso, teñen especial interese no seu coñecemento para elaborar unha produción que se adecue aos seus gustos e intereses.
A proliferación de recursos sobre LIJ levou hai tempo á Biblioteca Nacional de España á elaboración dunha Guía da Literatura Infantil e Xuvenil. O seu obxectivo non é outro que ser útil para os mediadores entre o lector infantil e a lectura: docentes, bibliotecarios e, por suposto, familias.