Parte do grupo do club de lectura de 3ºda ESO presentaron un relatorio sobre Joseph Conrad nas XVII Xornadas Literarias do Concello de Neda e a Universidade da Coruña.
As nosas alumnas Eimi, María, Paola e Elena analizaron a vida e circunstancias do autor que o levaron a escribir a súa obra. Os membros do club de adultos leron O corazón das tebras, O axente secreto e Na liña de sombra.
Recensión en La Voz de Galicia e en Ferrol 360º.
Anuncio na Facultade de Humanidades
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas