Se algo
caracteriza ao programa teórico da novela –ese artefacto non oral que dá inicio
coa escritura do Quixote–, é que a narración, o vivido dentro do texto, ha de
ter a aparencia de estar a ser vivido en tempo real; o que o lector está a ler
deberá ser percibido como un mundo autónomo, coas regras propias dos eventos
que o texto nos estea propoñendo. A novela –ese case perfecto invento moderno–
ha de desenvolverse, pois, como ocorren os acontecementos na “vida real”, sen
anticipar nada, sen saber que nos vai a ocorrer ao virar esa esquina ou ao
lanzar un tweet ao mundo. As teleseries contemporáneas –e dun modo espontáneo–
cumpren case á perfección tales supostos da novela. Os mecanismos de exposición
dos feitos, nas teleseries, son realmente postos #ante nós coma se fosen inventados
en tempo real; mesmo ás veces sono; todos coñecemos exemplos de entregas que
foron construíndo o seu argumento a medida que os telespectadores opinaban
acerca de tal ou cal subtrama. ...
seguir lendo a Agustín Fernández Mallo en El cultural
«Hai algo que fai á teleserie algo totalmente distinto á novela e ao cinema:
é unha construción colectiva en tempo real.
Millóns de espectadores comparten
experiencias desa ‘novela audiovisual'»
Agora vos toca a vos, cantas series recoñecedes no panel? Cales son as vosas favoritas? Cubride o boletín coa vosa proposta e boa sorte, aínda que estedes inmersos na Olimpiada cultural, seguro que podedes participar neste outro concurso, tedes ata o 20 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas