“María Moliner fixo unha proeza con moi poucos precedentes: escribiu soa, na súa casa, coa súa propia man, o dicionario máis completo, máis útil, máis acucioso e máis divertido da lingua castelá, dúas veces máis longo que o da Real Academia da Lingua, e –ao meu xuízo- máis de dúas veces mellor”,escribiu o Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez do dicionario que escribiu a filóloga e lexicógrafa aragonesa María Moliner ( Paniza, 1900 - Madrid, 1981) e do que este ano se cumpre máis de medio século desde que sentou a escribilo...
A intención de Moliner foi crear "un instrumento para guiar no uso do español tanto aos que o teñen como idioma propio como a aqueles que o aprenden”. Non pretendía fundar ningún movemento, tampouco responder aos que a marxinaron, incluída a RAE do seu tempo. O seu trato coa linguaxe estaba determinado polo respecto e o interese que sentía polas palabras... (seguir lendo)
Vía Vozpópuli Cultura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas