Hoxe traemos a Rosa Aneiros con Sol de inverno, do que di:
"Sol de Inverno non é unha novela histórica, senón a historia de como Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia no territorio de Antes".
Son casi 300
páxinas as que lle valeron á autora de Resistencia (2002) a edición número 26 do premio Xerais
de novela. e non só isto. Có título Ás de bolboreta tambén gañou o galardón Fundación
Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, convocado desde 2006 pola mesma editorial.
"Traballei
moito tempo en Sol de Inverno", recorda Aneiros. Tanto que xa
durante o proceso final da súa anterior novela -Veu visitarme ou mar
(2004)- a escritora anotaba escenas, bosquexos, mesmo o deseño imaxinario
de Antes, a terra da protagonista, Inverno. "Antes existe como
topónimo na Costa dá Morte", explica. Pero Sol
de Inverno narra a perda e intento de recuperación dun espazo non só
físico, senón mental.
Non deixedes de ler, cando vos podades achegar á biblioteca, xa o luns, esta longa novela de sentimentos agochada no andel, que a medida que lemos e vemos máis preto as últimas páxinas desexaríamos que medrase para seguir indefinidamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas