Ademais do acto institucional do día 12 de maio, como cada ano se elaborou un caderniño con ideas para traballar na clase, publicado no número 92 da revista Suma.
Nesta edición o profesor Juan Francisco Rodríguez móstranos diferentes programas e actividades para poder traballar có móbil nas clases de matemáticas.
Juan Francisco Rodríguez é profesor, desde o ano 1988, de Matemáticas e Física/Química do colexio Hispano-Inglés de Tenerife. Traballa desde o enfoque flipped que lle permite encher o tempo na aula de actividades máis atractivas e dinámicas. Copromotor e impulsor das webs estonoentraenelxamen, estosientraenelxamen e da app dedicada a Flipped Classroom.
Fe de erratas: Na páxina 5, Actividad para realizar en el aula#2, se fai referencia ao seguinte QR, necesario para realizar a actividade, e que non figura na revista:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas