Acaban de sair as obras incluídas na Lista de Honra da Revista CLIJ e a selección da OEPLI do ano 2019, botádelle un ollo a ver cantas recoñecedes...
- Costas, L.: A balada dos unicornios
- Maceiras, A.: Conta nove estrelas
- Costas, L.: Os arquivos secretos de Escarlatina
- Mejuto, E.: Memoria do silencio
- Kim: Nieve en los bolsillos
- Gallego, L.: La misión de Rox
- Marchamalo, J.: La tienda de las palabras
- Gómez Cerdá, A.: Ninfa rota
- Alfaya, A.: O grupo
- Pedreira, E.: Os corpos invisibles
Esperamos facernos co resto dos títulos mencionados, norabóa a Ledicia, Andrea, Eva, Kim, Laura, Jesús, Alfredo, An e a Emma por ter compartido tan bos momentos coas súas obras e pola mención, non podían ser menos.
Lembraredes algún deles pois compartimos as obras en persoa: Ledicia, Andrea, Eva, Alfredo e a Emma quen tiña que ter vido a visitarnos a finais de marzo pero por mor da pandemia que nos ten secuestrados pero non parados, non puidemos compartir con ela as nosas opinións da súa obra tanto narrativa como poética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas