Como todos os anos chegado o 24 de outubro lembramos a un autor interesante que non debemos esquecer, no 2020 celebrase o centenario do nacemento de Ray Bradbury, o poeta da ciencia ficción e durante esta semana imos lembrar a súa figura e obras.
Debido á situación excepcional ocasionada pola pandemia non podemos facer unha exposición temática sobre o autor no corredor do instituto pero non deixaremos de achegarvos información sobre o autor e o concurso no que poderedes participar online; baixades o boletín, cubrides o encrucillado e o enviades ao correo da biblio (fesquio@gmail.com).
Boletín de participación (premede para ampliar) e se vos animades a empezar con Fahrenheit 451....
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas