Hoxe comezou a homenaxe a Clara Campoamor no Congreso dos Deputados, unha das 3 primeiras diputadas na historia española xunto a Victoria Kent e Margarita Nelken, elixidas nas eleccións de 1931 que loitaron polo voto feminino. Consiguíu o seu escaño nun momento no que as mulleres podían ser designadas para o escaño pero non podían votar.
Con este homenaxe rematará o 1 de outubro cando se celebrará o 90º aniversario da histórica votación por 161 votos a favor e 131 en contra pola que se aprobou o dereito ao voto da muller en España.
Recordemos algunhas das súas palabras:
1 «Estou tan afastada do fascismo como do comunismo, son
liberal»
2 «A liberdade apréndese exercéndoa»
3 «Ante todo son humanista»
4 «A vitoria total, completa, esmagadora dun bando sobre o
outro, cargará ao vencedor coa responsabilidade de todos os erros cometidos e
proporcionará ao vencido a base da futura propaganda, tanto dentro como fóra
das nosas fronteiras»
5 «República, república sempre, a forma de goberno máis
conforme coa evolución natural dos pobos»
6 «Defendín en Cortes Constituíntes os dereitos femininos,
deber indeclinable de muller que non
pode traizoar ao seu sexo»
7 «Resolvede o que queirades, pero afrontando a
responsabilidade de dar entrada a esa metade do xénero humano en política, para
que a política sexa cousa de dúas»
8 «O feminismo é unha protesta valerosa de todo un sexo contra a positiva
diminución da súa personalidade»
9 «A división tan sinxela como falaz feita polo goberno
entre fascistas e demócratas para estimular ao pobo non se corresponde coa
verdade»
10 «É imposible imaxinar unha muller dos tempos modernos
que, como principio básico de individualidade, non aspire á liberdade»
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas