Premede nas imaxes
Canto sabedes de Julio César e de Zeus? Para averigüar as seguintes preguntas teredes que ler as novas incorporacións da biblioteca.
Por que Rómulo estaba sempre tan enfadado? Como foi iso de que un par de gansos parlanchines salvasen o Capitolio? Por que Cleopatra deixouse envolver nunha alfombra polvorienta? E por que deben dous grandes amigos enfrontarse nun combate de gladiadores? César e compañía cóntannos neste divertido libro ilustrado todas as súas aventuras sen pelos na lingua. Unha viaxe fascinante e educativa á Antiga Roma
Por que Aquiles é o heroe máis famoso de Grecia? Que teñen que ver Afrodita e unha mazá coa guerra de Troia? Por que se coñece a Artemisa como a deusa da Lúa? Por que Europa deu o seu nome a un continente? Da A de Afrodita á Z de Zeus, este libro ilustrado mergullarache nas historias máis famosas e apaixonantes da mitoloxía grega. Prepárate para unha viaxe sen igual da man dos deuses e heroes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas