Abril, un mes para esquecer ou para lembrar. Unha novela actual que trata o confinamento desde a mirada de sete novos universitarios de diferentes países e con historias moi diversas.
Pablo está a estudar na Universidade de Stirling, Escocia, desde que comezou o curso. A principios de abril todo derrúbase ao mesmo tempo: a súa historia de amor con Sofía parece abocada ao fracaso, e o seu traslado a un novo piso de estudantes coincide co primeiro confinamento decretado como resposta á pandemia.
Con todo, os desastres unen, e Pablo vai atopar nos seus novos compañeiros un apoio inesperado... Xuntos, explorarán a incerteza da situación que están a vivir e combaterán o desánimo a través da imaxinación. Aínda que non será fácil.Poñémonos con esta novela de unha das nosas autoras preferidas, Ana Alonso, 20 días de abril e meditamos sobre o valor da amistad en tempos difíciles que non van a marchar inmediatamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas