Montse, esforzada profesora de literatura que atravesa un complicado momento familiar, organiza para os seus alumnos unha orixinal convivencia no Val de Iruelas inspirada en Mary Shelley e os poetas románticos de Villa Diodati. De aí parte esta novela de viaxes e aventuras que segue as pegadas de Juan Ramón Jiménez nun balneario decimonónico ou de Antonio Machado na súa fuxida cara a Colliure, ao finalizar a guerra civil española. Asistimos tamén a unha singular batalla de galos entre os poetas do Século de Ouro: Quevedo, Góngora e Lope de Vega, transportados pola arte da imaxinación ata o escenario dunha película lendaria.
Al otro lado de la brújula é a excusa para viaxar da man dos nosos máis salientables literatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas